Tamén chamados terceiros molares ou cordais, púxoselles ese nome debido a que xeralmente aparecen a partir dos 18 anos, momento a partir do cal se considera que a persoa comezará a ter xuízo ou uso de razón.
No pasado foron moas con un papel fundamental pois aportábannos forza de mastigación cando aínda non preparábamos os alimentos e eran máis duros. Ca evolución do ser humano e tendo en conta as innumerables facilidades para a súa supervivencia, a capacidade mastigatoria foi decrecendo da man dos cambios producidos nos réximes alimenticios, o cal provocou, entre outras alteracións, a redución do tamaño do maxilar e da mandíbula que, sen embargo, non se acompañou en igual medida da diminución do número de dentes. Este feito incidiu na falta de espazo nas arcadas dentarias, principalmente para os terceiros molares, que son os últimos en erupcionar. Nas primeiras etapas da evolución humana, os terceiros molares presentaban un patrón de tamaño crecente. O primeiro molar era máis pequeno que o segundo e este de menor tamaño que o terceiro. A moa do xuízo era pois a máis grande.
Co paso dos anos e a mercé dos rigores da evolución, o tamaño da base ósea foi diminuíndo, mentres que as dimensións dentarias permaneceron sensiblemente iguais que nos orixes. Na mandíbula do home neolítico, existía un espazo importante entre a cara posterior do terceiro molar e o borde anterior da rama mandibular. Este espazo desapareceu case por completo na poboación actual o cal propiciará en algún casos que os terceiros molares teñan complicacións para erupcionar correctamente.
É un dos dentes con un comportamento máis variable en canto a súa formación e erupción.
Se o terceiro molar afecta a saúde da moa veciña, evidentemente hai que extraelo para evitar danar unha moa san e funcional.
Teñen unha alta frecuencia de non formarse (axenesia ) ou de non erupcionar (impactación).
É moi frecuente que non se produza a erupción completa do mesmo cando o espazo a nivel posterior resulta insuficiente, ou que erupcione con unha dirección incorrecta, isto irá asociado a unha serie de complicacións como:
- Pericoronaritis (infamación dos tecidos brandos que rodean o terceiro molar).
- Reabsorción das raíces dos dentes veciños.
- Produción de quistes dentígeros.
- Caries ou cadros de inflamación cando a posición do terceiro molar favorece a creación de espazos que orixinen o acumulo de restos de alimentos resultando difíciles de manter baixo unha hixiene correcta.
No 75% dos casos está indicada a extracción das moas do xuízo.
Encontraremos outros casos, os menos, nos que esta moa erupcione correctamente, servindo de reposto do segundo molar no caso de que este tivese que ser extraído, e incluso en algúns casos, sempre que as condicións sexan óptimas podería servir como soporte dunha prótese fixa (puente).
¿Son os terceiros molares sempre os causantes do apiñamento dos dentes inferiores?
- Non hai evidencia científica suficiente que demostre un papel determinante dos terceiros molares no apiñamento antero-inferior, se ben si poden ter un papel coadxuvante na xénese deste ou agravar un problema xa existente.
- Non estaría xustificada pois a extracción profiláctica dos terceiros molares para previr o apiñamento, xa que este é un problema de carácter multifactorial onde hai moitos factores causais. Débese valorar cada caso de forma individualizada.
Hai que valorar cada caso de forma individualizada, estudando o prexuízo fronte a funcionalidade dos cordais para decidir a súa extracción valorando as interferencias que producen.